O próximo día 6 de xullo celébrase en Pontemaceira (Ames) o
Día do Cooperativismo Galego, coincidindo coa conmemoración internacional desta
data, que exalta en todo o mundo os valores e principios cooperativos.
Neste ano o acto en Galicia organizarase baixo o lema
"a empresa cooperativa avanza forte" perséguese a idea de crear unha
maior conciencia sobre a contribución das empresas cooperativas ao
desenvolvemento económico e social. Con esta premisa, o acto do Día do
Cooperativismo Galego 2013 terá lugar nas instalacións de Feiraco S. Coop.
Galega.
No marco do Día do Cooperativismo, no que están chamados a
participar os cooperativistas de toda Galicia, levarase a cabo a entrega dos
Premios á Cooperación, o Premio á Mellor Iniciativa Cooperativa e os premios do
Certame "Cooperativismo no Ensino".
No hay comentarios:
Publicar un comentario