A expansión da cooperativa agrogandeira Os Irmandiños, con
sede na localidade ribadense da Devesa, converteuna nunha entidade «cantábrica
ou asturgalaica», en palabras do seu xerente, Javier Barcia. Tal foi o
crecemento experimentado, que actualmente só o 20% dos seus asociados procede
de Ribadeo, o municipio no que xurdiu e onde desempeña a súa actividade. Máis
concretamente, 200 dos seus 1.089 socios son ribadenses, segundo o balance
presentado na asemblea anual celebrada o pasado mes de xuño.
«Temos socios en máis de 40 concellos de Asturias e de
Galicia e xa operamos con xente dun ámbito xeográfico que vai dende boa parte
do Occidente asturiano -en localidades como Coaña, Valo de Casariego, Serantes,
Vegadeo e San Tirso de Abres- ata a provincia de Coruña, pasando por Viveiro e
chegando ás Pontes de García Rodríguez, como sinala o xerente Dos irmandiños,
Javier Barcia, quen tamén advirte da súa presenza no interior da provincia de
Lugo, en explotacións agrícolas e gandeiras de Guitiriz,».
Fonte: El Progreso
Fonte: El Progreso
No hay comentarios:
Publicar un comentario