lunes, 22 de septiembre de 2014

A Diputación fixa as bases das axudas para cooperativas agrarias do 2014

As cooperativas agrarias da provincia de Pontevedra terán este ano de novo axudas directas da Deputación. A xunta de goberno aprobou onte as bases reguladoras para a súa concesión. Un programa que o goberno provincial tiña «conxelado» dende hai catro anos e que se reactiva con atraso, tras anunciarse ao sector fai xa meses nun acto en Lalín. Contará cunha dotación económica global de 300.000 euros.

As subvencións da Deputación poderán destinarse a mellorar os servizos que ofrecen as cooperativas agrarias aos seus socios, por calquera vía. Así, poderanse investir en novas instalacións ou reparación das actuacións, adquisición de maquinaria ou equipos técnicos, así como dotación de novas tecnoloxías e mobiliario, entre outras como estudos técnicos ou implantación de enerxías renovables. As axudas poderán alcanzar ata un máximo do 50% do investimento realizadas, compatibles con outras doutras administracións.

As bases reguladoras establecen, por exemplo, que as cooperativas agrarias deberán pedir como mínimo tres ofertas diferentes a provedores antes de contratar a execución de obras -cando a contía a investir supere os 30.000 euros- e para subministracións de bens de equipos cuando supere o desembolso os 12.000 euros-.

O prazo para tramitar as solicitudes será de trinta días naturais dende a publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. A Deputación avaliará as peticións cursadas en función dunha serie de baremos, tendo en conta o número de socios da cooperativa, o volume de facturación e a marxe de beneficio, a adecuación dos investimentos ao interese provincial e a creación de postos derivados desas axudas.

Os investimentos para os que se reciba financiamento do goberno provincial deberán estar executados antes do día 31 de decembro e xustificarse por parte dos beneficiarios antes do 31 de marzo. Os técnicos do servizo de Medio Ambiente da institución serán os encargados de supervisar o cumprimento das condicións establecidas na concesión das axudas.

As subvencións a cooperativas agrarias súmanse ás recentes, tamén convocadas pola Deputación, para adquisición, reposición e colocación de cubertas en invernadoiros e como apoio ao sector hortícola provincial. Neste caso a dotación é idéntica, 300.000 euros.

Loita fitosanitaria


Sen deixar as axudas vinculadas ao sector agrario, a Consellería do Medio Rural acaba de establecer as bases para outorgar axudas a agricultores integrantes de agrupacións de defensa fitosanitaria. En concreto subvenciónanse os servizos técnicos prestados e tamén parte do material empregado na loita contra as pragas. Están destinadas aos produtores de horta, froita e vide e pódense tramitar dende hoxe.



No hay comentarios: