viernes, 24 de octubre de 2014

Maeloc logra polo menos un 70% da mazá sidreira ecolóxica

O 70% dos preto de 900.000 quilos de mazá sidrera recibidos pola planta que a empresa Customdrinks ten na localidade lucense de Chantada, onde se fabrica a sidra galega Maeloc, foi certificado polo Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega).


Segundo informou a propia empresa nun comunicado, "as sidras Maeloc deron por concluída a tempada de colleita de mazá tras máis de tres semanas de intenso traballo". A empresa considera que a campaña é "excelente", tanto pola cantidade coma pola calidade da materia prima.

En canto á cantidade de mazá recibida nas instalacións de Chantada, a empresa subliña que os 900.000 quilos que chegaron ás instalacións de Customdrinks, compañía que pertence á corporación Hijos de Rivera, supoñen "unha cantidade que supera de sobra o esperado nun ano de ciclo baixo".

Con respecto aos seus provedores, subliña que a mazá sidrera recollida nas instalacións de Customdrinks provén tanto de cooperativas coma de pequenos recolectores autóctonos e mesmo de particulares da zona de Chantada, que "supoñen unha importante porcentaxe" do froito obtido, roldando o 22% do total.

fonte: El Progreso

No hay comentarios: