viernes, 14 de diciembre de 2012

XALLAS, terceira cooperativa de Galicia que adapta a súa tenda á imaxe de MERCARURAL



A cooperativa agrogandeira Xallas renovou por completo a imaxe da súa tenda agraria converténdose na terceira cooperativa de Galicia que transformou a súa antiga tenda agraria nun espazo comercial cunha imaxe unificada baixo os criterios especificados por MERCARURAL.

O 8 de novembro tivo lugar en Santa Comba, a inauguración oficial das novas instalacións que supuxeron un investimento de máis de 120.000 euros. Ao acto de apertura acudiron autoridades como José Álvarez Robledo, director xeral de Produción Agropecuaria da Consellería do Medio Rural quen destacou o cooperativismo como unha fórmula empresarial " superaxeitada", sempre que alcancen o tamaño axeitado que o mercado esixe. Neste sentido aludiu ás cooperativas do Norte de Europa que viron reducido o seu número, grazas a procesos de fusión, unión ou integración o que as levou a converterse en multinacionais con voz propia no mercado.


Participaron tamén o alcalde de Santa Comba, Antonio Landeira quen felicitou a cooperativa pola iniciativa ao tempo que destacou a súa relevancia como motor estratéxico da bisbarra; o xerente da cooperativa, Antón Camarero, que afondou no cambio como algo máis que a adopción dunha imaxe nova, máis moderna e práctica, destacando a profesionalización na xestión e o gran reto que supón para os traballadores esta iniciativa.

O director xeral de DELAGRO, Carlos Castro ten manifestado o seu orgullo polo entusiasmo e esforzo con que as cooperativas están a acoller e apoia a implantación de MERCARURAL; subliñou o que supón como reforzo á dignidade do medio rural favorecido por un comercio cunha imaxe axeitada, coidada e sobre todo, profesional.

Ademais recordou que na actualidade, se está a traballar xa en cinco implantacións máis en cooperativas de Galicia e Asturias, co obxectivo de telas funcionando nos dous anos vindeiros. Felicitou ademais a cooperativa e os seus traballadores polo grande esforzo realizado.

jueves, 13 de diciembre de 2012

Sector agrario español únese para comprar a través de grupos cooperativos


Vender de forma organizada fronte aos grandes grupos da industria e a distribución e comprar conxuntamente os medios de produción son hoxe os dous retos máis importantes do sector agrario español. A comercialización dos produtos do campo mantense en mans de cada unha das cooperativas, pero o segundo reto téñeno practicamente resolto os máis de 17.000 profesionais do sector agrario, especialmente gandeiros da cornixa cantábrica, a través da Central de Compras Delagro.

Delagro nace da fusión de tres grupos cooperativos de segundo grao en funcionamento dende hai unha década: a Central Cooperativa (Ceecoop) en Galicia, o Centro Intercooperativo del Campo (Cica) en Asturias e os Servizos Gandeiros de Cantabria (Sergacan), que aglutinan case un centenar de cooperativas de base. "Somos a central de compras para o sector agrario máis importante de toda a zona norte e mantemos contactos con grupos doutras zonas na filosofía de que debería existir unha gran central de compras para o sector agrario en todo o mundo cooperativo", sinala Carlos Castro, responsable do grupo.

Central Cooperativa (Ceecoop) en Galicia, o Centro Intercooperativo del Campo (Cica) en Asturias e os Servizos Gandeiros de Cantabria (Sergacan) conforman a Central de Compras Delagro.

Grupo cooperativo Coren aumenta a súa facturación a pesar da crise económica


O grupo Coren informou onte que, a pesar da crise, a cooperativa que está integrada por máis de seis mil familias, conseguiu incrementar a súa facturación nun 13% nos sete primeiros meses do presente exercicio. En canto á evolución das distintas producións, ata o pasado 31 de xullo, dende a empresa informaron que das súas plantas saíron un total de 523 millóns de quilogramos de pensos, cifra superior á do ano anterior. Ademais, confirmaron que mantivo as producións cárnicas.

 Ata xullo, Coren produciu 523 millóns de quilos de pensos e mantén a cárnica.

En canto ao porcino, nestes sete meses, Coren elevou os quilos baixo a súa marca a 49 millóns, mentres en avicultura se situou nos 62 millóns de quilos. En vacún, o total situouse en 2,4 millóns de quilogramos. Estas cifras serviron para que os resultados de Coren no mesmo período se manteñan "practicamente nas cifras dos mesmos meses de 2010, xerando 9,8 millóns de euros en recursos propios.

Cooperativa Covirán refórzase en Portugal, onde prevé facturar 10 millóns de euros

A Cooperativa Covirán ten clara a súa aposta por Portugal. Tras abrir unha sede en Lisboa e unha plataforma loxística no norte -en Aveiro-, a expansión á zona sur era só cuestión de tempo. Será na primavera do ano que vén cando a cooperativa de supermercados, de orixe granadina, dea o seguinte paso no seu proxecto: poñerá en marcha unha plataforma no Algarve grazas a un investimento de 3,5 millóns de euros.

Ata o momento, a firma conta con 69 supermercados no país luso, aínda que só 15 deles identificados coa marca de Covirán. Coa nova planta prevén sumar, nun primeiro momento, outros 25-30 establecementos. "O obxectivo é que nos 12 primeiros meses de funcionamento logremos unha facturación de 10 millóns de euros", avanzou o director xeral, Luis Osuna.


A cooperativa granadina investirá € 3,5 millóns nunha plataforma loxística no Algarve que, a final de 2012, achegará € 10 millóns. Ao centro, o director xeral de Covirán, Luis Osuna.

Cooperativa Agrícola Carmonense de Sevilla recibe 100 mil euros para modernizar as súas instalacións


Na provincia española de Sevilla, comunidade autónoma de Andalucía, o alcalde do municipio de Carmona e vicepresidente do grupo de desenvolvemento rural 'Campiña-Alcores', Juan Ávila, e o presidente da Cooperativa Agrícola Carmonense, Antonio Gago, asinaron o contrato de subvención polo que a cooperativa local recibirá unha axuda de 100.000 euros para a mellora, ampliación e modernización dos seus servizos e instalacións. Esta subvención supón o 43% do total do investimento previsto pola cooperativa, que alcanzará os 230.000 euros e que poderá beneficiar aos seus máis de 300 socios, incrementando a competitividade do sector agrícola carmonense e a mellora das condicións de traballo dos seus agricultores asociados.


 La Cooperativa de Carmona logró una subvención de 100.000 euros para la mejora, ampliación y modernización de sus servicios.

A memoria de actuacións, así como o asesoramento de todo o proxecto foron levados a cabo dende o Punto de Información Agrícola e Gandeiro que o Concello de Carmona xestiona a través de Fomento Los Alcores, e se trata dunha das actuacións máis importantes, non polo volume de investimento, pero si pola súa complexidade e polo gran número de agricultores aos que beneficiará.