Ofrecer aos membros de cooperativas as claves para innovar
nos seus negocios é o obxectivo dun curso que preparan a Asociación Galega de
Cooperativas Agrarias (Agaca) e a Fundación Coren. Nel, os asistentes
aprenderán tamén como identificar aqueles aspectos nos que é útil a innovación,
como realizar proxectos de I+D, obter certificacións e patentes ou acceder a
axudas e redes de colaboración empresarial.
O curso desenvolverase os días 10 e 17 de xullo, en horario
de mañá, na sede da Fundación Coren en Rezamonde (Cenlle). As clases serán
impartidas por Marta Núñez, do departamento de I+D de Agaca.
A inscrición pódese realizar a través do correo electrónico
agaca@agaca.coop, ou dos números de teléfono 981 584 783 e 981 584 911.
fonte: La Región
No hay comentarios:
Publicar un comentario