lunes, 27 de octubre de 2014

Unha fórmula cooperativa pioneira que cumpre 30 anos

A Cooperativa Sanitaria de Galicia (Cosaga) naceu en 1985 e na actualidade ofrece 13 especialidades médicas e 14 cirúrxicas, ademais dos servizos centrais entre os que se inclúen urxencias, farmacia, fisioterapia, laboratorio de análises clínicas, hospital de día ou anatomía patolóxica.

Once profesionais foron os promotores dunha experiencia de modelo sanitario en réxime de cooperativa que, tres décadas despois, segue mantendo a este hospital como o único de Galicia -e dos poucos en España- con esta fórmula de xestión.

Pero o seu espírito pioneiro vai máis alá da cuestión xurídica. En 1989 foi o primeiro centro sanitario da provincia en ter un escáner para probas diagnósticas por imaxe. Ata esa data non había ningunha instalación, nin pública nin privada, con este equipamento no territorio ourensano e os pacientes que precisaban estas probas eran derivados a Vigo.

O pasado ano este centro, cuxo consello reitor preside José Ignacio Vidal López, tamén foi o primeiro de Galicia en lograr o selo de calidade Excelencia Europea EFQM 300 +. A distinción premia tanto a calidade asistencial como a de xestión en procesos de mellora continua, así como o impacto do seu labor no seu ámbito social a través das colaboracións que mantén con oenegés, fundacións ou a Universidade de Vigo, por exemplo.

viernes, 24 de octubre de 2014

Maeloc logra polo menos un 70% da mazá sidreira ecolóxica

O 70% dos preto de 900.000 quilos de mazá sidrera recibidos pola planta que a empresa Customdrinks ten na localidade lucense de Chantada, onde se fabrica a sidra galega Maeloc, foi certificado polo Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega).


Segundo informou a propia empresa nun comunicado, "as sidras Maeloc deron por concluída a tempada de colleita de mazá tras máis de tres semanas de intenso traballo". A empresa considera que a campaña é "excelente", tanto pola cantidade coma pola calidade da materia prima.

En canto á cantidade de mazá recibida nas instalacións de Chantada, a empresa subliña que os 900.000 quilos que chegaron ás instalacións de Customdrinks, compañía que pertence á corporación Hijos de Rivera, supoñen "unha cantidade que supera de sobra o esperado nun ano de ciclo baixo".

Con respecto aos seus provedores, subliña que a mazá sidrera recollida nas instalacións de Customdrinks provén tanto de cooperativas coma de pequenos recolectores autóctonos e mesmo de particulares da zona de Chantada, que "supoñen unha importante porcentaxe" do froito obtido, roldando o 22% do total.

fonte: El Progreso

lunes, 13 de octubre de 2014

A muller na economía social

Nas empresas, tradicionalmente, dar emprego a unha muller foi considerado en moitos casos como un problema. Con todo, as cousas están cambiando e así o demostran as novas redes empresariais: na economía social (cooperativas, sociedades laborais) a muller pasou de considerarse rémora a converterse en soporte.

Ademais, a muller entrou na estrutura empresarial reclamando cambios: formulacións sociais renovadas, modificar responsabilidades. E aí aparece a economía social andaluza como un espazo garante da igualdade de xénero. Unha tendencia que se apoia en cifras: máis do 49% de empregos do sector cópanos mulleres e a paridade é un escenario recurrente en órganos directivos.

Son novos modelos de productividade que substitúen a exclusión pola participación compartida. Responsabilidade de homes e mulleres. Compartir, en suma, traballo, familia, lecer e vida.

Cooperativas e sociedades laborais brotan así como parte "da solución ao desemprego e si é feminino, aínda máis", sinalan desde a Confederación de Entidades para a Economía Social de Andalucía (CEPES-A). Baixo prioridades tipo emprego de calidade, democracia participativa ou desenvolvemento sostido. Autoempleo e asociacionismo en modo catalizador de cohesión económica e social. Sen obviar "que as administracións públicas determinen políticas transversales a favor da igualdade".


jueves, 9 de octubre de 2014

A cooperativa Cestola na Cachola

En CESTOLA na CACHOLA apostan por traballar naquelo que máis lles gusta e no que cren que mellor saben facer.

Xoana e Miguel fan murais, cadros e ilustracións.

Raquel traballa e milita no eido da economía social e solidaria: cooperativismo, consumo responsable, ecoloxismo e banca ética.


Da xuntanza destas experiencias nace CESTOLA na CACHOLA: un proxecto de autoemprego baixo o principio dunha economía ao servicio das persoas e non ao revés.

Por iso son:
  • unha cooperativa: empresa de xestión democrática e compartida (unha persoa-un voto, con independencia do capital aportado)
  • de traballo asociado: únense para poñer en común o noso traballo.
  • sen ánimo de lucro: a través da comercialización dos seus produtos e servizos poden manter a estrutura da cooperativa e continuar traballando na promoción da economía solidaria. Os prezos das prendas, ilustracións, etc, que podes ver na tenda online están calculados para poder manter esa estrutura (custes de materiais, persoal…) sen que ningunha socia/o da cooperativa se enriqueza a título particular.