A
sociedade cooperativa Fenwick Weavers (Tecedores de Fenwick), unha cooperativa
dedicada á confección de tecidos, fundada en Fenwick, Ayrshire, Escocia, en
1761, está a celebrar este ano o seu 250 aniversario. Sobre a base da
documentación histórica da actividade financeira da cooperativa, que agora se
encontra na Biblioteca Nacional de Escocia, a Cooperativa Fenwick Weavers tamén
alega ser a primeira cooperativa de aforro e crédito do mundo, de acordo con
aqueles que están actualmente involucrados no programa do legado da
cooperativa.
"Todo o mundo necesita coñecer onde están as súas
raíces e a Cooperativa Fenwick Weavers é recoñecida como a cooperativa
financeira máis antiga do mundo", dixo John Smith, un empregado xubilado
que adoitaba traballar na liña de ensamblaxe dos sistemas aeroespaciais
británicos e residente de toda unha vida en Fenwick, quen está a encabezar de
forma voluntaria o esforzo actual para revivir o legado da cooperativa. "O
pasado non debe morrer, senón que debe seguir para as futuras xeracións".
Xunto con John McFadzean, Smith é coautor do folleto de 32
páxinas titulado 'Unha historia da Cooperativa Fenwick Weavers'. Smith e varios
membros da xunta de Fenwick Weavers, que xa non é unha cooperativa activa, foi
o encargado o mes pasado dun cubículo na Conferencia Mundial de Cooperativas de
Aforro e Crédito do Consello Mundial de Cooperativas de Aforro e Crédito
(WOCCU) en Glasgow, Escocia, onde distribuíron copias da publicación.
John Smith (centro), da Cooperativa Fenwick Weavers, explica
a historia da primeira cooperativa financeira do mundo aos asistentes á
Conferencia Mundial de Cooperativas de Aforro e Crédito en Glasgow, Escocia.