Trátase do
evento central do Ano Internacional das Cooperativas e, á súa vez, da feira
máis importante do mundo destinada a promover os produtos e servizos
cooperativos.
Como resultado
desta visita agárdase promover a internacionalización e intercooperación, así
como as relacións institucionais para o impulso do cooperativismo.
A
participación neste tipo de feiras é unha das actividades previstas no marco do
proxecto Coopera +, cofinanciado polo Programa de Cooperación Transfronteiriza
España-Portugal 2007-2013, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, dentro
do paquete de actividades de apoio á internacionalización das cooperativas da
Eurorrexión.
A Dirección
Xeral de Relacións Laborais, pertencente á Consellería de Traballo e Benestar,
xunto co Consello Galego de Cooperativas e os restantes socios do proxecto
‘Coopera +’, así coma as asociacións representativas do sector cooperativo
galego, participou na feira Expo 2012, organizada pola Alianza Internacional de
Cooperativas en Manchester.
Con motivo da
celebración do Ano Internacional das Cooperativas, declarado así pola ONU,
estanse a celebrar unha serie de iniciativas en todo o mundo, promovidas por
organizacións e institucións de diferentes ámbitos que gardan relación co
cooperativismo.
Neste caso,
trátase do evento central do Ano Internacional das Cooperativas e á súa vez da
feira mais importante do mundo destinada a promover os produtos e servizos
cooperativos. Nela participaron cooperativas de distintos sectores,
organizacións de apoio ao sector cooperativo tanto públicas como privadas e
proveedores e público destinatario dos produtos e servizos cooperativos.
Como resultado
desta visita agárdase promover a internacionalización e intercooperación, así
como as relacións institucionais para o impulso do cooperativismo, ademais de
acadar información suficiente para seleccionar os mercados internacionais máis
adecuados para os produtos e servizos do sector cooperativo galego.
Doutra banda,
esta actividade virá a completar os resultados xa acadados durante a
celebración do Encontro Internacional Cooperativo, que tivo lugar en Santiago
de Compostela no pasado mes de xullo, e no que se presentaron experiencias de
boas prácticas nos aspectos económicos e sociais, co obxecto de coñecer de
primeira man distintas realidades e enfoques que destacan pola posta en
práctica de valores cooperativos e no que participaron relatores e entidades de
todo mundo.