miércoles, 31 de octubre de 2012

Monte Cabalar


Monte Cabalar é unha cooperativa de explotación comunitaria da terra que agrupa aproximadamente 3.600 propiedades de máis de 1.000 propietarios  nunha explotación gandeira en extensivo con máis de 700 ha de monte fechadas nas parroquias de Somoza, Tabeirós, Nigoi, Arca e Souto (concello de A Estrada) co obxectivo de intervir sobre o abandono e o minifundio. Exponse unha síntese do proceso social xerado a partir de marzo de 2006  que culminou positivamente na  constitución da cooperativa coa participación de máis de 330 soci@s, e na materialización do  proxecto: a experiencia dunha explotación silvopastoral en réxime coooperativo.

martes, 30 de octubre de 2012

La Fageda, un gran proxecto cooperativo.


A Fageda é unha empresa con fins sociais situada no "Faial de Jordá" (Fageda d'en Jordà) que dá traballo a persoas con minusvalía intelectual ou enfermidades mentais crónicas.

Cooperar en feminino


En decembro de 2010 a Asemblea Xeral de Nacións Unidas declarou o ano 2012 como o "Ano Internacional do Cooperativismo" (YIC polas súas siglas en inglés) nunha resolución sobre 'as cooperativas e o desenvolvemento social'. Con esta resolución, a ONU recoñece que o modelo cooperativo é un factor importante de desenvolvemento social e económico, que promove a máis alta participación posible no desenvolvemento económico e social das persoas e que contribúen á erradicación da pobreza.

As Cooperativas constrúen un mundo mellor.


Cooperativizate!!!


Novas Cooperativas

Denominación
MILMAÑAS, S.COOP.GALEGA
Domicilio social
NOCEDO, 219
Localidade
OS BLANCOS
Comarca:
A LIMIA
Província
OURENSE
CP:
32634
Clase
TRABALLO ASOCIADO
Data:
09/10/2012
Rexistro Competente
REXISTRO PROVINCIAL DE OURENSE
Capital Social Mínimo:

3.300,00€
Número de Rexistro:

526-OU
Actividade Económica
CONFIRMACIÓN DE ACTIVIDADE:
CNAE 1:
93.020 PERRUQUERÍA E OUTROS TRATAMENTOS DE BELEZA


Modificación Lei Cooperativas

No seguinte enlace podedes atopar o Resumo explicativo da Modificación da Lei de Cooperativas de Galicia

http://www.cooperativasdegalicia.com/docs/Resumoexplicativo.pdf


AGACA


Hoxe comezamos o día falando de AGACA (Asociación Galega de Cooperativas Agrarias).

A Unión de Cooperativas “Asociación Galega de Cooperativas Agrarias” (AGACA) é a organización representativa do cooperativismo agrario da Comunidade Autónoma de Galicia, no senso máis amplo do termo: representativa das propias cooperativas e de toda a súa problemática económica, empresarial e social, así como dos socios cooperativistas na súa dimensión humana e profesional.

lunes, 29 de octubre de 2012

Deleite


Este proxecto, nace como consecuencia da unión de 11 cooperativas galegas que aglutinan máis de 1000 familias e que xeran máis de 1000 postos de traballo directos e auxiliares.

Xornadas Ideas e Persoas


As xornadas Ideas e Persoas que organiza La Región durante este mes, celebran hoxe a súa quinta e última sesión, que estará dedicada ao emprendemento.

A partir das seis da tarde, representantes de novas empresas españolas participarán no Centro Cultural da Deputación nunha mesa de análise baixo o título 'Novas ideas, novos proxectos, novas empresas', onde explicarán os pormenores das súas iniciativas.

viernes, 26 de octubre de 2012

Ano Internacional das Cooperativas 2012



As claves do éxito e do liderado para Emilio Duró



Emilio Duró Pamies é Licenciado en Ciencias Económicas e Máster en Administración de Empresas pola Escola Superior de Administración e Dirección de Empresas (ESADE) e Licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade Autónoma de Barcelona. Foi Profesor Colaborador de distintas Universidades. É un prestixioso consultor e é un conferenciante internacional.

jueves, 25 de octubre de 2012

A Importancia dos Valores Cooperativos


Neste vídeo podedes atopar os principios fundamentais que sostentan as bases de tódalas Sociedades Cooperativas.


Xornadas Informativas sobre as Sociedades Cooperativas




Xornada sobre a Lei 14/2011 de Cooperativas de Galicia


Estas actividades realizanse grazas ó apoio da Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Traballo e Benestar a través da Subdirección Xeral de Cooperativas e Economía Social, e ao financiamento do Fondo Social Europeo. E están vencelladas á Rede Eusumo da que xa falamos en anteriores post.

miércoles, 24 de octubre de 2012

Experiencias Cooperativas nos Institutos de Educación Secundaria de Galicia



Como vemos a continuación as labores da Rede Eusumo non só se centran nos emprendedores de idade media ou senior senón que tamén pretende inculcarlle os nenos, futuros emprendedores, as diferentes alternativas de emprego que existen despois do traballo por conta allea.

Presentación da Rede Eusumo



A Rede Eusumo é unha rede impulsada pola Consellería de Traballo e Benestar para o fomento do cooperativismo e a economía social. Con ela procúrase o fomento do espírito emprendedor no ámbito local, comarcal e transfronteirizo prestando apoio directo á creación e consolidación de emprego con base na economía social, no territorio de actuación.


A Rede Eusumo créase para promover este modelo empresarial en todo o territorio de Galicia, impulsando o seu desenvolvemento no ámbito local, a través de accións de formación, divulgación e asesoramento para o autoemprego colectivo. 

Xornadas sobre Cooperativismo Macizo Central-Trevinca


As diferentes Oficinas de Fomento Cooperativo repartidas por toda Galicia realizarán ata Maio do 2013 diversas Xornadas formativas, informativas e divulgativas sobre as Sociedades Cooperativas.

Presentación Oficina


 

A Oficina de Fomento Cooperativo da Mancomunidade Terra de Celanova ven de iniciar a súa andaina, grazas ó apoio da Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Traballo e Benestar a través da Subdirección Xeral de Cooperativas e Economía Social, e ao financiamento do Fondo Social Europeo. A súa actividade intégrase na Rede Eusumo, e dará servizo e apoio ás iniciativas de fomento do cooperativismo e a economía social no ámbito territorial dos concellos de Cartelle, Celanova, A Merca, Pontedeva, Gomesende, Quintela de Leirado, Ramirás e Verea.