miércoles, 27 de marzo de 2013

Máis de 5.000 persoas xa visitaron a exposición da Xunta ‘Descubre as cooperativas’ que percorreu 12 vilas galegas


Máis de 5.000 persoas achegáronse ata o momento á exposición da Xunta ‘Descobre as cooperativas’ que mostra de primeira man as oportunidades que ofertan as cooperativas como ferramentas para crear emprego, mellorar a economía social dunha rexión e xerar benestar. Ata o de agora, esta iniciativa da Consellería de Traballo e Benestar xa percorreu 12 vilas galegas. Despois de ser inaugurada en Santiago, desprazouse ata Betanzos, Ordes, Portomarín, Lugo, Celanova, Boimorto, Rianxo, Ourense, Pobra de Trives, Verín, Nogueira de Ramuín e Sarria.

Esta actividade rematará en maio despois de visitar un total de 37 localidades. Así, os próximos emprazamentos onde estará a exposición serán: Terra de Trasancos; Xinzo de Limia; Fundación Coren; Centro de Desenvolvemento de Cooperación Transfronteiriza de Verín; a Mancomunidade de Vigo; os campus de Santiago, Vigo, Elviña, Ourense, Ferrol e Lugo; a Cámara de Comercio de Vigo; a Agrupación Calvos de Randín; Curtis; e a Caixa Rural de Lugo.

martes, 26 de marzo de 2013

Veciños da Veiga interésanse pola opción das cooperativas


A Oficina do Macizo Central-Trevinca mostra unha empresa de ovos ecolóxicos

A Oficina de Fomento Cooperativo de Macizo Central-Trevincaachegou esta semana pasada ao Concello da Veiga o cooperativismo con saída organizada e materializada, na actividade "Coñecendocooperativas", levando a un grupo de veciños a coñecer de primeira man as experiencias cooperativas Avega Sociedade Cooperativa Galega e Milhulloa S.Coop. Galega.


Un grupo de persoas interesadas en emprender baixo a fórmula cooperativa, integrado por empresarios, gandeiros e persoas en situación de desemprego, desprazáronse ata Silleda para revisar as instalacións de galiñas poñedoras en ecolóxico que esta cooperativaAvega posúe, e a través das cales obtén e comercializa ovos ecolóxicos para todo España.

lunes, 25 de marzo de 2013

Cooperativas inscritas e número de socios iniciais das mesmas, por ano e rexistros provinciais



Coñecendo á cooperativa Delagro


Delagro é unha cooperativa de segundo grao, integrada, á súa vez, por máis de 40 cooperativas e entidades, algunhas delas, de segundo grao de Asturias, Cantabria e Galicia que, xuntas achegan máis de 80 cooperativas socias, con máis de 17.000 asociados.
"Estamos onde nos necesitan".

O seu raio de acción esténdese polo Norte de España e o seu ámbito de incidencia abrangue o ámbito agrogandeiro, dende a comercialización e elaboración de produtos ata un amplo abano de servizos capaz de dar solución a calquera necesidade que poida formular o cliente.
"Estimúlannos os retos".

A entidade é o perfecto exemplo de integración cooperativa, de como unha estratexia unificadora entre diferentes entidades de menor tamaño chegan a alcanzar unha magnitude considerable, tan competitiva que lle permitiu posicionarse como a central de compras máis importante do noroeste español, estendendo a súa actividade á área de asesoramento e mercadotecnia e acompañada dunha potente estrutura departamental en alimentación e produción vexetal e animal, automoción, láctea, almacén, fertilizantes, plásticos, combustibles, supermercados, comercial, mercadotecnia, administración e finanzas e informática.

Bruxelas apunta que as cooperativas agrarias reforzan o peso dos produtores e axudan a subir prezos


As cooperativas no sector agrario contribúen a reforzar o peso dos produtores na cadea agroalimentaria e axudan a frear a volatilidade dos prezos, que mesmo poden aumentar, segundo un informe publicado este xoves pola Comisión Europea.

Bruxelas examinou o papel das cooperativas no sector agrícola e gandeiro a petición do Parlamento Europeo, que prepara un proxecto piloto para apoiar este tipo de agrupacións. O obxectivo é ofrecer aos produtores información útil sobre como organizarse en cooperativas para que poidan contar cun mercado de "renda sólida".

O estudo conclúe que cando as cooperativas contan cunha importante cota de mercado nun sector concreto nun Estado membro se pode conseguir que "os prezos suban e se reduza a volatilidade" destes. Tamén son importantes para "reducir os riscos de mercado", di o documento, en especial no que se refire ao pagamento das entregas.

Mesmo os agricultores que non forman parte dunha cooperativa se benefician dos efectos positivos que estas organizacións teñen sobre o mercado, segundo apunta o Executivo comunitario no seu informe.

Ventaxas do asociacionismo cooperativo das persoas discapacitadas


Recordade que a obtención do grao de recoñecemento de minusvalidez permite o acceso a unha serie de beneficios como o emprego en cooperativas e sociedades laborais, o fomento da contratación indefinida nas empresas ou a integración laboral en centros especiais. A isto súmanse deducións na declaración da renda, no IVE, no imposto de sucesións e no de sociais ou a exención do imposto de vehículos ou de matriculación de vehículos, entre outras vantaxes.

A estas engádense descontos en transportes, facilidades de acceso á vivenda e á educación, bono social na factura da luz, de teléfono. Os equipos de Valoración e Orientación encárganse de realizar a valoración.



miércoles, 20 de marzo de 2013

España, satisfeita co primeiro acordo sobre a PAC


O ministro español de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, Miguel Arias Cañete, mostrou a súa satisfacción polo acordo alcanzado sobre a reforma da Política Agrícola Común (PAC), que lles permitirá abrir a negociación do texto final co Parlamento Europeo.


Estamos moi satisfeitos do resultado e como se configurou o mandato negociador" para a PAC que se aplicará no período 2014-2020, indicou Arias Cañete á prensa ao termo do Consello de Ministros de Agricultura da Unión Europea (UE).

O Consello alcanzou na madrugada do mércores e tras dous días de maratonianas negociacións a posición que defenderá ante a Eurocámara e a Comisión Europea (CE) na negociación da futuraPAC, que incluirá a obrigatoriedade de prácticas ecolóxicas a cambio das axudas e unha repartición dos fondos máis equilibrada.

martes, 19 de marzo de 2013

Pósitos de Muros-Noia sentan as bases para centralizar as vendas mediante a creación dunha cooperativa


A delicada situación pola que atravesa o sector pesqueiro obriga a buscar alternativas para revalorizar os prezos do produto e, precisamente, niso traballan dende hai tempo confrarías de Muros e Noia, co respaldo do Grupo de Acción Costeira 4 (GAC 4). Os pósitos sentaron as bases para centralizar as vendas mediante a creación dunha plataforma on-line, unha experiencia piloto que arrancará coa comercialización do polbo.

A iniciativa de concentrar as poxas comezou a xerarse tras a realización dun estudo sobre a viabilidade do sector pesqueiro encargado polo GAC 4. No informe suxeríase, segundo indicou a xerente, Manuela Oviedo, a creación dunha cooperativa de vendas.

A Cooperativa Sanitaria ourensana, CO.SA.GA, ofrece tratamentos de recuperación cardíaca a parados

A clínica Centrokorazón, Cendisa e a Cooperativa Sanitaria Co.Sa.Ga. uníronse en Ourense para ofrecer seis prazas gratuítas para o programa de Rehabilitación Cardíaca a media ducia de persoas que sufrisen un infarto, unha cirurxía cardíaca ou calquera outro evento cardiovascular no último ano e se encontren no paro. 

As persoas que queiran aproveitarse desta campaña, que se pon en marcha coincidindo coa celebración do Día Europeo de Prevención Cardiovascular, terán que poñerse en contacto coa clínica antes do 29 de marzo. 

O programa que se ofrece comezará o 1 de abril e inclúe 18 sesións de tratamento, cun protocolo de exercicio físico estruturado polo cardiólogo e o especialista en exercicio de rehabilitación cardíaca, apoio psicológicio e educación alimentaria e sanitaria para controlar os factores de risco.


A Cooperativa Coren lanzará en maio un xamón curado procedente de porcos alimentados a base de castañas


O grupo cooperativo galego Coren anunciou que o próximo mes de maio comezará a venda dun xamón curado procedente de porcos que foron alimentados con castañas. O produto encravarase dentro da súa gama Selecta.

Este xamón procede de porcos de raza seleccionada e alimentados con castañas, dando unha carne máis substanciosa e saborosa, segundo indicaba Coren hai un ano cando presentou a carne destes animais. Un ano despois, tras o período de curación, chegarán ao mercado os xamóns curados.

O produto xa está a resultar interesante para numerosos importadores tanto da Unión Europea coma doutros países como Corea do Sur ou Xapón. Neste último país valórase bastante a alimentación a base de castañas e nel xa se está a comercializar a carne fresca dos porcos con este tipo de alimentación.



lunes, 18 de marzo de 2013

As Sociedades Laborais ou Cooperativas que incorporen socios menores de 30 anos poderán aforrar ata 800 €


O Real Decreto-Lei aprobado o pasado 22 de febreiro recolle esta medida para incentivar a incorporación de mozos a entidades de Economía Social.


O Real Decreto-Lei aprobado polo Goberno para establecer medidas de apoio ao emprendedor e para o estímulo do crecemento e a creación de emprego, considera no seu artigo 14 (dedicado en exclusiva aos incentivos á incorporación de mozos a entidades da economía social) bonificacións nas cotas empresariais da Seguridade Social durante tres anos, cuxa contía será de 66,67 euros ao mes (800 euros ao ano), aplicable ás sociedades laborais ou cooperativas que incorporen traballadores desempregados menores de 30 anos como socios traballadores ou de traballo. O Real Decreto fai mención á economía social no seu preámbulo, ao sinalar as consultas realizadas a este sector empresarial para formular estas medidas.


Xornada IXP "Castaña de Galicia" en Corvillón (A Merca)


martes, 12 de marzo de 2013

Conferencias sobre a IXP "Castaña de Galicia" coa presenza de D. Manuel López


Charlas sobre a Indicación Xeográfica Protexida da "Castaña de Galicia"


O interese suscitado entre os veciños de Terras de Celanova pola dinamización do sector da castaña, liderado pola Oficina do Fomento Cooperativo da Mancomunidade, motivou un novo ciclo de conferencias da man da 'Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Castaña de Galicia'. O secretario do devandito organismo, Manuel López Pérez, visitará nas próximas semanas os diferentes concellosmancomunados para explicar o proxecto e solucionar as dúbidas dos futuros asociados.

O ciclo de conferencias comezou onte en Pontedeva e Gomesende e continuará mañá mércores en Quintela de Leirado (ás 17,00 horas no salón de plenos) e Ramirás (19,00 no local social do Picouto). Seguirano Celanova (día 14 ás 17,00 horas na antiga biblioteca) eVerea (19,00 horas na casa do concello). O venres 15 tócalle aCartelle e A Merca, respectivamente.



lunes, 11 de marzo de 2013

Propietarios de montes de Viveiro promoven unha cooperativa mariñana


A Mariña move ao ano un millón de toneladas de madeira de eucalipto cortada, argumento abondo, segundo Manuel Galdo, presidente da asociación de Produtores de Madeira de Viveiro (Promavi), para impulsar a creación dunha cooperativa que abranga o territorio mariñano.

«Temos produción, socios e vía de saca de madeira aos mercados internacionais cos portos de Celeiro, Burela e Ribadeo», remarcou o voceiro do colectivo que agrupa uns trescentos propietarios de montes de Viveiro e municipios limítrofes.

Galdo explicou que foi a decisión «unánime» dos asistentes á asemblea que Promavi celebrou no teatro Pastor Díaz de Viveiro, e á que asistiron en torno á metade dos asociados, uns 140. «Pode ter ou non sede en Viveiro, pero dende aquí sae a campaña de lanzamento» para a súa creación. Promavi desmárcase desta forma do proxecto de creación dunha gran cooperativa que promovía Promagal, da que Galdo sinalou que está «parada». Xunto ao potencial dos montes mariñanos, o presidente de Promavi tamén aludiu á «proximidade para a toma de decisións» que propiciaría contar cunha cooperativa comarcal.

jueves, 7 de marzo de 2013

Xornadas sobre a Indicación Xeográfica Protexida da "Castaña de Galicia"

Feiraco crece un 2,5% e factura 104,7 millóns, cun aumento do 5,6 dos beneficios antes de impostos


A sociedade cooperativa galega Feiraco facturou 104,7 millóns de euros en 2012, o que supón un crecemento do 2,5% respecto ao ano anterior e rexistrou un incremento dos beneficios antes de intereses, impostos e amortizacións (Ebitda) do 5,6 e un aumento do 'cash flow' do 13%.


A compañía destaca este xoves, a través dun comunicado, que estes resultados se obtiveron "nun ámbito de mercado difícil, que presentou un encarecemento de todos os 'inputs', destacando os prezos récord internacionais das materias primas destinadas á alimentación animal, non podendo repercutilos no baixo prezo do leite líquido polo continuo crecemento das marcas propias da distribución comercial".

Algúns dos asistentes ás xornadas levadas a cabo pola OFC


martes, 5 de marzo de 2013

Un centenar de veciños interésase polos castiñeiros


O uso cooperativo do monte centra as charlas da Mancomunidade.

Os concellos de Cartelle e Verea acollían onte pola tarde as penúltimas charlas sobre o fomento do cooperativismo aplicado ao aproveitamento da castaña organizadas dende a Oficina de Fomento Cooperativo da Mancomunidade Terra de Celanova. 'A resposta nesta primeira parte do programa foi positiva, estamos moi satisfeitos pola resposta dous veciños que mostran interese polo aproveitamento dous nos vos montes', resalta o presidente, José Antonio Pérez Cortés, que cifrou nuns 130 os participantes nas sesións desenvolvidas nos diferentes concellos.

Asistentes á xornada celebrada onte no Concello de Verea

Propietarios de montes, pero tamén mozos interesados en desenvolver a súa actividade laboral no medio rural, conforman o público asistente aos relatorios nos que se informa sobre as posibilidades económicas do cultivo de castiñeiros e dás subvencións que ofrecen ás fórmulas cooperativas, ás cales axudaremos a tramitar dende a propia mancomunidade', resalta Pérez Cortés. Para completar as xornadas, o ente supramunicipal está a ultimar un encontro dos potenciais produtores co secretario da Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia, Manuel López.

O ciclo de conferencias, que hoxe continúa na Merca (de cinco a seis e media da tarde no local social de Corbillón), inicia o día 6 unha segunda parte enfocada nas cooperativas de servizos forestais e referidas ao cultivo de oliveiras.



Verea, Cartelle e A Merca acollen novas charlas de cooperativismo


A Mancomunidade Terra de Celanova continúa coa campaña de promoción e dinamización das sociedades cooperativas. Tras a clausura da exposición 'Descobre ás cooperativas' que durante esta semana estivo exposto na entrada do auditorio celanovés da man da Consellería de Traballo e Benestar, a Oficina de Fomento Cooperativo do ente supramunicipal continuará o luns coas charlas informativas polos diversos concellos.

O aproveitamento da castaña baixo a fórmula cooperativa centrará os relatorios que este luns se desenvolverán no local social do Concello de Verea (de 16,00 a 17,30 horas) e o auditorio municipal de Outomuro, en Cartelle (de 18,30 a 20,00 horas). O martes día 5 de marzo, de 17,00 a 18,30 horas, a quenda será para os veciños da Merca no local social de Corvillón.


lunes, 4 de marzo de 2013

Emprender en feminino: Cooperativas rurais de servizos de proximidade


O pasado mes de xaneiro celebraron o seu sexto encontro nacional, un espazo para compartir experiencias e coñecementos sobre as oportunidades do cooperativismo como saída profesional no medio rural. Uns días nos que traballar na motivación para a consolidación e crecemento de cooperativas.


As participantes nesta cita son mulleres emprendedoras dos pobos que puxeron en marcha, con moito sacrificio pero tamén con moita ilusión, "Cooperativas rurais de servizos sociais de proximidade".